Desprazamento da posición aparente dun astro na bóveda celeste ao cambiar a posición do observador // Distancia angular entre dous puntos vistos desde un terceiro punto no espazo
Etimoloxía
Voz culta que bebe da grega parállaxis 'cambio', 'diferenza'.
Exemplos *
“As primeiras determinacións das paralaxes anuais das estrelas foron obtidas entre o 1835 e o 1840, por varios observadores dun xeito independente.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)
“O movemento orbital de Mercurio produciu unha paralaxe esaxerada que simula unha visión binocular.” (Dosi Veiga: GCiencia, 22-05-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.