paralelo -a

Liña, plano etc. que garda sempre a mesma distancia e nunca chega a encontrarse con outro por moito que se prolonguen.

Etimoloxía

Chegounos desde o latín, que o colleu do grego parallelos, composto a partir de para 'á beira de' e allelo 'un do outro'.

Exemplos *

"Apreciou as dúas liñas paralelas que percorrían o lombo da cobra …" (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

"As liñas, sempre paralelas, eran ás veces rectas, ás veces curvas, pregadas, retortas, e conformaban capas verdes, azuis, vermellas, grises e brancas." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí