paralimpíada

Competición deportiva internacional para persoas con discapacidade, comprendida por varias modalidades, que se celebra cada catro anos na mesma sede que os xogos olímpicos, unha vez que estes finalizan

Etimoloxía

Termo neolóxico que resulta da adaptación do equivalente inglés paralympic que se forma sobre para(plegic) e (o)lympcs.

Exemplos *

“Con el falamos pouco antes de comezar a cerimonia de apertura das paralimpíadas, con varias cuestións riba da mesa, entre elas, as axudas e medios para o deporte” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 31-8-2012)

“Fixo un recoñecemento especial ao papel das mulleres no deporte, "que o teñen moito máis difícil", e destacou os que levan xa varias paralimpíadas ás costas.” (AA.VV.: Nós Diario, 9-9-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.