parámetro

Variable que, nun conxunto de elementos, permite coñecer cada un deles mediante o seu valor numérico / Aquilo que se toma como punto de referencia ou como elemento de xuízo

Etimoloxía

Termo que procede do latín científico parametrum que se forma co prefixo grego para- ‘ao lado de’ e o nome grego metro ‘medida’.

Exemplos *

“A saúde dun traballador ou traballadora non se mide só en parámetros estritamente sanitarios.” (X. M. Piñeiro: Sermos Galiza, 9-5-2019)

“A aparición dunha desviación significativa desta distribución indica unha desviación da aleatoriedade. A distribución de Poisson está caracterizada polo parámetro (lambda), ou reconto medio por unidade de superficie ou tempo.” (Ceferino M. López Sández: Epidemioloxía e Medicina Preventiva. Análise e exposición de datos, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.