parca

Cada unha das tres divindades que podían dar ou quitarlles a vida aos humanos

Etimoloxía

Denominación que chega do latín parca ‘destino’.

Exemplos *

“Os médicos, que serven para distraernos mentres camiñamos mortais á cidade da Parca, foron utilísimos.” (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges, 2000)

“No alpendre teño a gadaña colgada da man da santa compaña: unha alma en pena, perdida da procesión por apagárselle a candea, encontrada pola Parca nun camiño vello, que lle deu a encomenda de presentarse no meu aniversario dos 60 anos.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.