parchís

Xogo que se practica sobre un taboleiro e no que poden participar ata catro persoas, gañando quen primeiro consiga chegar á casa central coas súas catro fichas, as cales van avanzando de acordo co número que se saque co dado.

Etimoloxía

Desde o inglés parcheesi que, á súa vez, bebe do hindú pachisi, xogo de mesa da India, e este de pachis 'vintecinco' puntuación máxima que se acada no xogo.

Exemplos *

"Mulleres de mediana idade xogando ó parchís con desesperación e fastío" (Alfredo Conde: Sempre me matan)

"Ti o parchís non o trouxeches, ¿verdade?" (Manuel Núñez Singala: O achado do castro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.