pardao

Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies

Etimoloxía

O substantivo bebe do equivalente grego párdalos. O nome científico que se lle outorga a esta especie é Passer domesticus.

Exemplos *

“Cheguei á curota dun rochedo e algúns paxaros comezaron a rechouchiar e un pardao veu a se pousar na palma da miña man.” (Antón Riveiro Coello: Airadas de palabras, 1998)

“A distancia é menor cá que media entre dous chirlos dun pardao. Nas aldeas, o adro e o cemiterio son a mesma cousa. E alí me atopo, antes de que o sol se despedise en Pena Corneira, o canteiro de Figueiroa pelexando coa pedra que tapaba un nicho do panteón das Martiñas.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.