Que está unido a outro mediante unha relación de parentesco.
Etimoloxía
Chegou desde o latín parens, -entis ‘pai e nai’.
Exemplos *
“Dentro había, rodeado de donas e nenos, un vello que era parente de Xosé, un gordecho coloradote, zumegando lardo por todo o corpo, con xeito de preguiceiro e durmiñón …” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)
“Mozo de almacén, iso foi o único que puiden atopar, e aínda grazas a un parente ao que don Maximino, o dono da imprenta, lle tiña lei.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.