Igualdade, semellanza
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín paritas ‘semellanza’, que bebe destoutro termo latino par, paris ‘igual’.
Exemplos *
“Estereotipos tenaces que deixan pouco espazo ás mulleres na ciencia de alto nivel contrastan, porén, coa opinión dun 84% dos interrogados, que pensa que a paridade nestas postos é unha causa que merece a mobilización.” (Diana Mandiá: GCiencia, 9-2015)
“Tamén pediron medidas para fortalecer as xurisdicións para " asegurar o acceso á xustiza e ós dereitos humanos das mulleres " , así como que os gobernos garantan unha paridade de xéneros no nomeamento dos compoñentes dos máis altos órganos de xustiza de Iberoamérica.” (M. Tojo: Galicia Hoxe, 17-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.