Expulsar a cría ou a criatura despois de cumprido o período de xestación
Etimoloxía
Termo que procede do latino parere co mesmo significado.
Exemplos *
“Dis ma-ma-má / e consegues oito pasos seguidos sen axuda / cara a nós. ¿Vesme? / Son a nai que te pariu e coida / face-lo necesario porque avances.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)
“Deciden facelo a través de dous símbolos galegos da traxedia, o anarquista coruñés José Villaverde e a comunista mugardesa Amada García, fusilada en 1938 xusto despois de parir o seu fillo.” (X. Lorenzo: Sermos Galiza, 20-2-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.