Que se basea na igualdade ou paridade de elementos / Que está constituído polo mesmo número de representantes de cada unha das partes integrantes
Etimoloxía
Neoloxismo que tomamos do francés paritaire, e este fórmase sobre parité 'paridade' e o sufixo -aire '-ario'.
Exemplos *
“(...) “celebran a eliminación das barreiras para que as mulleres poidan acadar as súas máis altas ambicións profesionais", pero recoñecen que se hai espazos de poder onde as mulleres non chegaron ou non son visíbeis de xeito paritario.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma un señor, 2018)
“Unha parede invisíbel (...) construída e reforzada por esa abafadora maioría de homes que forman parte das elites do poder e que escollen aos seus iguais varóns como compañeiros e colegas nos postos máis altos. De aí a importancia que ten, por exemplo, o acceso paritario das mulleres aos órganos de valoración e selección.” (Belén Puñal: Tempos Novos, 4-2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.