Xuntanza de dúas ou máis persoas para falaren dun tema ou conversaren sen máis
Etimoloxía
Palabra formada sobre “parlar” que procede da voz francesa parler ‘falar’.
Exemplos *
“«¿El temos de procurar o chocolate no vicerreinato de nova Granada, ou ir nós mesmos a remexer na chocolateira?», preguntou o tío ca súa grande voce de vello alancador de salas e alamedas nos seráns parladoiros.” (Ramón Otero Pedrayo: O señorito de Reboraina, 1960) [edición de 1996]
“Había os parladoiros das eiras, das esfollas, e tamén os dos muíños. As moendas duraban algún tempo, dado que os rodicios ían devagar. Non tiñan présa.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia,2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


