Entrar en negociacións para pactar a paz, a rendición etc.
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o termo “parlamento” que é un préstamo do francés parlament ‘conversar’.
Exemplos *
“Pero pódese facer impacto nos nosos, tan preto, e ademais á caída da tarde aquel buque iza a bandeira branca e solicita parlamentar. Recibirán a promesa de que non haberá fusilamentos nin outras accións punitivas sen consello de guerra previo, e aceptan entregarse.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / A lancha dos segredos sucios, 2013)
“Sobre as sete da tarde, cando Álvaro Méndez se dispón a preparar a rendición, vemos avanzar dous xinetes enarborando un estandarte. Levan cota de malla ata os xeonllos pero non portan armas nin béstas.
-Creo que queren parlamentar -di o comandante.
Os xinetes páranse ante as murallas e un deles, que non é outro que Arias Pérez, crava no chan o estandarte.” (María Gándara: Magog, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.