Relativo ou pertencente ao parlamento
Etimoloxía
Vocábulo que se forma sobre “parlamento” e este deriva do verbo “parlar” que vén do occitano parlar ‘falar’.
Exemplos *
“O que si sorprende é que, logo de trinta e tres anos de Autonomía galega, non semella que houbese présa ningunha para facer valer esta conquista e aínda hoxe se estea a tramitar o debate parlamentario sobre o borrador do anteproxecto da Lei de Arquivos e Documentos de Galicia.” (Helena Miguélez Carballeira: Luzes, 19, 5-2014)
“A actividade parlamentaria seguiu estas dúas últimas semanas o seu ritmo normal: aprobando leis, ratificando decretos e debatendo sobre cuestións como o desemprego.” (Ceferino Díaz: Galicia Hoxe, 20-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.