Asemblea dos representantes do pobo, formada por unha ou dúas cámaras, que se encarga de redactar as leis e de controlar a acción do goberno
Etimoloxía
Pénsase que a súa orixe está no equivalente francés parlement ‘conversación’ e que logo pasaría a ‘asemblea’.
Exemplos *
“O século XIX foi a época dourada da reivindicación das linguas celtas tanto en Gales , como en Irlanda , Escocia , Bretaña. En 1870 preséntase por primeira vez no parlamento francés unha petición a favor das linguas rexionais e comeza a editarse La revue celtique.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)
“E, con todo, os movementos sociais precisan influír nas políticas concretas e na elaboración das leis que se discuten en todos os parlamentos ou correrán o risco de que a súa actividade se torne, se non inútil, si frustrante.” (David Rodríguez: Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crack financeiro / Nacionalismo e movementos sociais, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.