parmesano

Queixo elaborado con leite de vaca desnatado, propio da rexión de Parma

Etimoloxía

Vocábulo que procede da adaptación do xentilicio italiano parmigiano ‘de Parma’.

Exemplos *

“Entre os animais domesticados ameazados está a raza vacúa Reggina, implantada no norte de Italia e da que, gracias ó seu excelente leite, se elabora o parmesano.” (Olegario Sotelo Blanco: A concentración parcelaria / Historia dunha esperanza e dunha frustración, 1994)

“Adubados con sal, pementa unha gotiña de aceto balsámico de Módena e unhas lascas finas de queixo salgado, coido que parmesano.” (Fausto Galgo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.