paro

Situación de falta de traballo.

Etimoloxía

É un derivado do verbo parar, do latín parare 'preparar', 'dispoñer'.

Exemplos *

"… a situación de crise económica prexudica especialmente as mulleres, aumenta o seu índice de paro, as súas dificultades (…) e complica aínda máis a posibilidade de conciliar a crianza dos fillos co éxito social …" (Antón Baamonde: Galicia Internacional 03-1996)

"O acceso das mulleres ao traballo foise incrementando ao longo dos anos, pero aínda hoxe hai máis paro feminino que masculino e os salarios femininos son inferiores aos masculinos." (Mª Xosé Queizán: Anti natura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.