Lugar en que hai casetas con distintos xogos, enxeños mecánicos, como a montaña rusa, a nora, os carruseis etc., e outros aparellos de diversión
Etimoloxía
Frase composta por “parque” voz que bebe da francesa parc, en principio significaba ‘extensión de terra ou monte pechado’.
Exemplos *
“Unha proposta lúdica e educativa que pode producir tanto entusiasmo como o máis divertido dos parque de atraccións. "Que forte, que forte!" exclamaba o cativo da foto, ao pasar do barco ao teleférico.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 14-09-2020)
“As funcións do parque de atraccións remataron e os actores mestúranse co público. Nós andamos tamén. Á nosa beira os nenos zugan mazás envoltas en azucre encarnado e cucuruchos de churros e xeados, mentres os sons das gaitas e dos pandeiros se erguen sobre a néboa.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.