Terreo con plantas, árbores e, ás veces, atraccións ou diversións para que as persoas se distraian.
Etimoloxía
Tomouse do francés parc, que á súa vez procede do latín, e tiña, entre outros, o significado de 'terreo cerrado e con plantas'.
Exemplos *
"Era un sábado pola noitiña e tocaba no parque unha banda de música." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)
"A ti, banco do parque, deixámoste de lado, a ti tocouche a mellor sorte de todos nós." (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.