parrocha

Sardiña pequena

Etimoloxía

Un termo de orixe escura.

Exemplos *

"A xouba vén sendo a sardiña pequena que recibe tamén o nome de bocarte ou parrocha, segundo as zonas.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994).

“Estaban detrás de nós, tomando tamén uns viños e uns pementos fritos con parrochas, pacificamente.” (Xesús Valcarcel: Matar o tempo, 1995).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.