parsimonia

Lentitude na maneira de actuar ou de ocorrer algo

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao do latín parsimonia 'economía, moderación nos gastos' e 'sobriedade oratoria'.

Exemplos *

“Entrou de primeiro, camiñando con parsimonia entre os numerosos afeccionados e subiu pola bancada ata o seu lugar preferido. Estaba aínda só e podía escoller o mellor sitio para sentar, no caso de querer, que quería.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)

“Cunha parsimonia ermitá, esa inherente a quen vive alleo á celeridade dos seus conxéneres, outro home, de arredor de setenta anos, baixou pola rampla.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.