Comunicación de calquera tipo transmitida polo telégrafo, teléfono, radio ou televisión.
Etimoloxía
Chegou desde o latín pars –tis ‘porción dun todo’.
Exemplos *
“… colleran a un dos fuxidos que aínda quedaban pola Peroxa, por onde andaran Claudio e Pedro anos atrás, e non o dixeron os xornais, nin a radio, que eles na casa sempre escoitaban o parte.” (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas)
“… unha modesta radio, significou durante moito tempo a principal atracción da sobremesa, nesa consabida hora do parte …” (Camilo Franco: A lúa no cénit e outros textos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.