participación

Acción e efecto de participar.

Etimoloxía

Palabra culta derivada do latín participatio, –onis 'participación'.

Exemplos *

"No mes de novembro dese ano celébrase en Lugo a I Asemblea Nacionalista, e Risco ten nela unha participación moi activa." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)

"Admitimos como norma que un discurso sobre a implicación e a participación das mulleres, sobre o combate contra a discriminación e a denuncia da súa exclusión e da súa marxinación social, carecería de entidade se as mulleres non tivésemos presenza nas listaxes electorais." (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.