participación

Cada unha das partes en que se divide un décimo de lotaría, xustificada cun recibo.

Etimoloxía

Cultismo que chega do termo latino participatio, –onis 'participación' que viña de participare 'ter parte en'.

Exemplos *

"Atrás quedan os tempos de miseria, cando os directivos dos clubs de fútbol vendían participacións de lotería ou pedían donativos para aguantar." (Miguel Ángel Rodríguez: Tempo Novos 6-1997)

"O Centro Comercial Urbano pon en circulación 1.500 participacións de 5 euros de lotería de Nadal." (La Voz de Galicia 22-08-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.