partidario

Persoa que está a favor de algo ou alguén que se expresa

Etimoloxía

Palabra derivada sobre "partido" que vén do latín partitu ‘compartir’.

Exemplos *

“Eu era partidario de renovar formal e tematicamente o teatro galego.” (Xosé Lueiro: Galicia Hoxe, 11-02-2005)

“O caso é que a miña avoa sempre era partidaria de atacar os males do corpo pola vía sobrenatural ou pola parte da alma (...)” (J.A. Xesteira: Contos de familia / Adelaidiña e as cascas de ovos, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.