Neno ou nena que está na etapa escolar inmediatamente anterior á obrigatoria.
Etimoloxía
Palabra que vén do latín parvŭlus, diminutivo de parvus 'pequeno’.
Exemplos *
“Despois daquela fantasmal travesía, cruzaba un patio inmenso ata unha sala alta e branca que albergaba os catro graos. Sor Maximina, sor Asunción e sor Julita ocupábanse da instrución dos nenos que xa sabían ler. Dos párvulos a señorita Lola, encollidiña e medio cega.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
“Na Escola Graduada había unha clase de párvulos, tres aulas de nenos e outras tantas de nenas. Catro mestras e tres mestres, que paseaban xuntos arriba e abaixo mentres nós xogabamos ao fútbol, ou ás quedas, ou a indios e vaqueiros entre as árbores.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.