pasador

Agulla ou pinza que se utiliza para suxeitar ou adornar o cabelo.

Etimoloxía

Deriva de pasado e este, remontándonos para atrás, do latín passus, –us 'paso, movemento dos pés'.

Exemplos *

"Pero si, Ugarte quedou mirándolle o pelo, comezou a acariñarllo e a xogar con el entre os dedos despois de soltarlle o pasador que llo suxeitaba na caluga" (Inma López Silva: Concubinas)

"Un presente barateiro: unhas medias, unhas bragas, un pasador para os cabelos…" (Anxo Rei Ballesteros: Non sei cando nos veremos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.