pasamontañas

Peza de roupa de abrigo que cobre a cabeza e o pescozo, agás a cara ou os ollos e o nariz

Etimoloxía

Palabra composta polo verbo “pasar” que vén do latín vulgar *passare desde o clásico passus  ‘paso’ e o substantivo “montaña” do latín vulgar *montanea que remite ao clásico mons, montis de significado semellante.

Exemplos *

“O airiño de fins de setembro, despois dun verán bochornoso, dicía frío e obrigaba a defender o peito. No alto do Rodicio botei en falta un pasamontañas, pois o biruxe pelaba as orellas.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

“No asento traseiro vemos unha longa gabardina gris, un pasamontañas de la e unha bufanda de chamativa cor vermella. Nalgún momento, ao lonxe, aparecen as luces dunha cidade.” (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.