Documento de identidade que a administración dun país expide para viaxar ao estranxeiro.
Etimoloxía
Termo que recibimos desde o francés passeport, co mesmo significado, e que é unha composición dos termos passer 'pasar' e port 'porto'.
Exemplos *
"Cando a familia adoptiva de Sulaima caeu en desgraza, tamén ela liscou de Marrocos valéndose do pasaporte dunha mestra estranxeira." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
"Deixara o carné e o pasaporte na cómoda do hotel." (Antón Riveiro Coello: Homónima)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


