Persoa que viaxa nun medio de transporte
Etimoloxía
Voz derivada sobre “pasaxe” que bebe do francés passage de significado semellante.
Exemplos *
“Pancho esperaba diante da escaleira e axudounos a embarcar. Eran os dous únicos pasaxeiros daquela viaxe e acomodáronse na popa do barco dende onde tiñan una perfecta visión da Illa ao longo de toda a travesía.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Ela é unha pasaxeira máis. Xa que logo, fixámonos nela como nos poderíamos ter fixado en calquera dos demais que viaxan neste vagón máis que medio cheo.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


