Tempo que vai dende o día de Nadal ata o día de Reis inclusive
Etimoloxía
Termo procedente do latín vulgar pascua, este remite ao clásico pascha, que bebe do grego páscha, por influencia do latín pascuum 'lugar de pastos', por alusión ao remate do xaxún.
Exemplos *
“Eu síntome centrada e realizada na miña profesión. De seguida te dás conta que fas un labor moi bo, levas moitos anos preparando xeracións de rapaces, iso prodúceche satisfaccións, non se pode negar. Incluso hai vinte anos que nenos daquela me felicitan as Pascuas.” (Úrsula Heinze: Arredor da muller en 18 mundos, 1985)
“Adega difunde un compendio de recomendacións para un gasto responsábel e ético durante as celebracións destas Pascuas.” (Redacción: Nós Diario, 12-12-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.