paseante

Persoa que pasea por un lugar

Etimoloxía

Voz que nos remite a “paso” que procede do latín passus ‘paso’ ou ‘o andar’.

Exemplos *

“De regreso, paran en Lugo. Camiñan de ganchete polas rúas, créndose invisibles ás olladas dos paseantes. Toman unhas tapas na taberna do Costas na rúa Nova.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

“Coidan dos camiños e dos paseos, dos traxectos, os fitos que se asentan e atopamos nas beiras dos percorridos, acompañando aos paseantes, condensan as partes esenciais do itinerario.” (X.M.L.: Tempos Novos, 10-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.