De maneira continua pero lenta
Etimoloxía
Termo que se forma sobre a palabra “paso” que vén do latín passum de significado semellante.
Exemplos *
“Paseniño, paseniño, / vou pola tarde calada / de Bastavales camiño. / Camiño do meu contento; / i en tanto o sol non se esconde, / nunha pedriña me sento.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“Máis dunha hora despois, pían paseniño, o "Azor" foise achegando á Illa que se ía facendo grande como se estendera os seus invisibles brazos para acoller ao barco que se aproximaba.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


