paseo

Acto de pasear

Etimoloxía

Vocábulo que procede “pasear” que, á súa vez, se forma sobre “paso” que vén do latín passus ‘paso’.

Exemplos *

“Aproveitei o resto da xornada para poñerme ao día coa cidade con longos paseos pola zona peonil, desta vez sen o atrezzo, só como Frank Soutelo.” (Miguel Anxo Fernández: Bicame, Frank, 2013)

“Moito lles presta a serenidade terapéutica do mar. Os longos paseos polo monte.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.