Baile de parella de orixe española e militar, que presenta un ritmo alegre e vivo.
Etimoloxía
Procede do castelán, onde se formou pola combinación de paso e doble 'dobre'.
Exemplos *
"E Herbal arranxa a bicicleta e pedalea asubiando feliz un pasodobre de xílgaro, co seu lapis vermello na orella." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
"En canto chegue á casa ninguén a salva de bailar un pasodobre comigo …" (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.