paspallás

Ave da familia dos fasiánidos, de cor acastañada cunha mancha branca e moura na gorxa a xeito de colar no macho, e de cor máis apagada con pencas escuras no peito e sen colar na femia

Etimoloxía

Denominación de orixe onomatopeica que imita o son da ave.

Exemplos *

“Non había paxaros no ceo, caeran todos coa calor e nin os paspallás que tiñan alí o niño rebulían na súa agostada.” (Alfonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas/ Os vellos de corenta anos botan carreiras na sega, 2000)

“Convirá engadir, ó xa dito, algo máis sobre os paspallás. Tiñan entre os clásicos latinos sólida reputación de aves amorosas e castas, inda que ceibes de patrias e ataduras.” (Xavier Castro: Galicia Hoxe, 04-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.