pasta

Fariña ou sémola de trigo diluída en auga e reducida a unha masa máis ou menos consistente, que amolece ao cocela e que se atopa no mercado en diferentes formas e tamaños

Etimoloxía

Termo que procede do latín pasta, -ae de significado semellante e este do grego pastá ‘gachas’.

Exemplos *

“As normas inclúen principios como a variedade, comer cinco porcións de froita e verdura diaria, ademais de beber un litro de auga, xantar peixe tres veces á semana, ou incluír a miúdo pasta e patacas na dieta.” (Eva Estévez: A Nosa Terra, 09-01-2009)

“Hoxe, a cociña italiana, coa pasta á cabeza e as distintas receitas de spaghetti como buque insignia, véndese en todo o mundo (...)” (Caius Apicius: Galicia Hoxe, 27-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.