pastel

Pasta doce elaborada con fariña, manteiga e outros ingredientes e cocida no forno, que se presenta en formas diversas e se adorna con nata, crema, cachos de froita etc.

Etimoloxía

Préstamo do francés antigo pastel ‘bocado de masa’.

Exemplos *

“Casamos aos dous anos de nos coñecer, durante as vacacións do verán. A voda foi nun mesón de Cacheiras e tivemos máis de douscentos convidados. Houbo centola, lagostinos, ameixas, percebes, rodaballo, cordeiro asado, torta e pasteis.” (Pablo Vaamonde García: O fillo do emigrante, 2002)

“Serafina comía o seu anaco de pastel desconsolada. Milo, pola súa parte, quedara a durmir coa cabeza apoiada sobre os brazos, diante da súa cunca de leite.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.