Obra literaria ou artística na que o autor imita o estilo, a obra etc., doutro ou doutros autores
Etimoloxía
Préstamo do francés pastiche de significado semellante.
Exemplos *
“Querido editor e amigo baixo bandeira de conveniencia: Insisto en que publiques o pastiche tal e como cho envío.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)
“Mesmamente tiña discorrido algúns fragmentos facéndolle o pastiche a Valle Inclán na Sonata apócrifa.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Dosinda Areses. Prosas completas, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.