pataca

Planta anual da familia das solanáceas (Solanium tuberosum), orixinaria de América, que se cultiva polos seus tubérculos comestibles.

Etimoloxía

A palabra puido vir de América e orixinarse por unha confusión das voces indíxenas papa e batata ou proceder do continente europeo, ben do provenzal patac ou do italiano patacca.

Exemplos *

"Convidou Amador: sopa de ameixas, pescada do pincho con patacas de Lugo, ensalada de leituga con tomate …" (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)

"Cocer a coliflor coa pataca durante trinta minutos en auga salgada, pasar todo en puré, engadir o leite, facer ferver, engadir o millo, cocer durante uns minutos máis e sazonar con noz moscada." (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.