patamela

Choupín que xa presenta o sombreiro aberto

Etimoloxía

Vocábulo de orixe descoñecida.

Exemplos *

“É curioso que teña diferentes nomes dependendo do estado de crecemento do carpóforo, así tamén en Ourense aos Cogordos chámanselle Cachotes cando están cerrados, e patamelas cando están abertos.” (José María Traba Velay: “O xénero Macrolepiota”, Tarrelos, 10-2008)

“As patamelas, pódense rebozar en ovo e pan rallado ou, mellor aínda, colocar entre dous un pouco de queixo e xamón cocido, antes de os rebozar e fritir.” (Marisa Castro: El Correo Gallego, 4-10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.