Andar moito.
Etimoloxía
Derivado sobre a palabra pata, termo este de orixe incerta, posiblemente onomatopeica por semellanza co ruído que se fai ao apoialas no chan.
Exemplos *
“Dedicaba o día enteiro a patear rúas e ler letreiros.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)
“Tras tomar un café na pensión e armarse coa vestimenta axeitada para patear o monte, chegou diante do colexio…” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.