pateiro

Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de pequeno tamaño, cacho máis ancho ca longo e patas lixeiramente aplanadas

Etimoloxía

Palabra derivada formada sobre “pata”.

Exemplos *

“Ao día seguinte, as mulleres que andaban ao argazo atoparían os corpos baixo unha nube de pateiros que se botaran a eles como alimento fresco. E polo delgados que estaban aqueles defuntos, e polo aire de desamparo, sabían que foran escapados dos montes vellos da ribeira do mar.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“Os mariñeiros tiñan moitos días inhábiles para iren ao mar, por mor dos temporais, e as súas mulleres dispuñan de moito máis tempo que podían aproveitar cultivando algo de terra ou area que fertilizaban co argazo, cunchas, pateiro, vísceras de peixe e mesmo sardiñas baticadas.” (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.