Documento oficial que garante a propiedade dun invento ou o dereito exclusivo de explotación
Etimoloxía
Vocábulo derivado do latino patens ‘aberto’ ou ‘patente’.
Exemplos *
“Nos países anglosaxóns o termo intellectual property veuse usando desde hai case 150 años para facer alusión a un ámbito xurídico que abarca o dereito de autor, as patentes, os deseños e as marcas, así como outros dereitos afíns a eles.” (Rafael García Pérez: Novos retos para a propiedade intelectual. II Xornadas sobre a propiedade intelectual e o dereito de autor/a, 2008)
“(...)organizou un taller no que deu cima a 74 innovacións en equipos , aparatos e instrumental cirúrxico, e rexistrou 6 patentes de invención.” (Xosé Neiras Vilas: O Correo Galego, 24-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


