patinete

Xoguete infantil que consta dun guiador e dunha táboa con dúas rodas, na que descansa un dos pés mentres o outro queda libre para impulsalo apoiándose no chan

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “patín” que procede da francesa patinette, de significado semellante.

Exemplos *

“Sempre foron amigos Manuel e Alberte e xa de nenos xogaban xuntos. Eran todo uns inventores e para eles nada lles era imposible. Igual lles daba facer un patinete, un muíño no rego, unha frauta de salgueiro...” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

“A mañá que seguiu á desaparición, o carteiro tivera que pedir emprestado un patinete para facer o seu traballo, así como o repartidor de xornais, ou a costureira que cosía traxes a domicilio.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.