patoloxía

Estudo das enfermidades e dos trastornos que orixinan / Enfermidade

Etimoloxía

Voz que se recolle do equivalente francés pathologie, que se forma sobre o grego patho- 'dor-' e -logia 'estudo'.

Exemplos *

“Desenvolven unha sonda que emprega luz para diagnosticar patoloxías cerebrais.” (Redacción: GCiencia, 4-3-2022)

“O efecto negativo das altas temperaturas, sobre todo cando estas se estenden no tempo, provocan un decaemento da saúde, especialmente en persoas de idade avanzada ou afectadas doutras patoloxías.” (Miguel Pardo: Praza.gal, 3-9-2026)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.