Nación á que se pertence ou á que se ten o sentimento de pertencer.
Etimoloxía
Vén do latín patria, -ae ‘país de nacemento’, derivado de pater, -tris ‘pai’.
Exemplos *
“… ninguén renega da súa patria por moi mala que sexa e desta, de Galicia, ben poden estar orgullosos os seus fillos _engadiu Don Quixote.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
“Bóveda tiña unha formación cristiá […] O seu proceso é un modelo de vivencia cristiá, amor á familia, dedicación á patria galega e honradez cidadá.” (Francisco Carballo: A Nosa Terra 16-01-2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.