patriarcado

Forma de organización social en que o home exerce o poder en todos os terreos e goza dunha posición dominante na familia

Etimoloxía

Termo que se forma desde “patriarca” que vén do latín patriarcha ‘pai dunha raza’ que remitía ao grego patriárkhes ‘xefe da familia’.

Exemplos *

“Outras, como Kate Millet , desconfían da orde política pois que o sexo , segundo ela , é unha categoría impregnada de política e ó servizo do patriarcado.” (Xosé Manuel Domínguez Prieto: Alén da libido. Do sexo á sexuidade, 1998)

“A teoría da diferenza é tan vella como o patriarcado e nela basearon a superioridade masculina, sublime, en termos kantianos.” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.