Relativo ou pertencente ao patriarcado
Etimoloxía
Palabra creada sobre “patriarca”, que vén á súa vez da latina patriarcha ‘pai dunha raza’ e que bebía da grega patriárkhes ‘xefe dunha familia’.
Exemplos *
“A linguaxe está moi marcada, e por iso é fácil reproducir esquemas patriarcais. Temos que ter en conta que dende unha perspectiva técnica as linguas son de todo menos neutras.” (Teresa Moure: La Voz de Galicia, 20-08-2018)
“Claramente é unha denuncia da desigualdade, mentres sexamos noticia por ser as primeiras en algo estamos poñendo o acento na gran ausencia da muller en moitos ámbitos, eu creo que iso non é froito dun proceso natural senón que é froito dunha sociedade claramente patriarcal.” (Susana Pedreira: Luzes, 11-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.