patrimonio

Conxunto de cousas materiais ou inmateriais de certa antigüidade e importancia recoñecida, pertencente a unha colectividade

Etimoloxía

Palabra que procede da latina patrimonium ‘herdanza’, ‘bens de familia’ ou ‘patrimonio’.

Exemplos *

“Todos debemos implicarnos na defensa do noso patrimonio natural.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 5-2015)

“Ademais de camiñar e coñecer a muralla podemos aproveitar para visitar o importante patrimonio representativo dos dous mil anos de existencia de cidade: Casa dos Mosaicos, Termas Romanas, Centro de Interpretación da Muralla, Centro Arqueolóxico de San Roque e completalo coa visita á catedral e o burgo vello e aos diferentes museos.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 27-11-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.